Graos de Corvo ~ IES "A Sardiñeira"

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 1 (0 sesión iniciada)




Coincidindo case co "cumpreanos" de Rosalía, o 26 de febreiro estivo no noso centro Diego Pardo Amado para presentarnos o seu libro "Rosalía de Castro. A luz da ousadía". A obra é o resultado dunha lectura desprexuizada da obra íntegra de Rosalía e busca contribuir, neste ano no que se cumple o 125 cabo de ano do seu pasamento, á dignificación da súa figura combatindo toda a carga negativa que moitas veces se ten asocido a ela. 

Diego, antigo alumno do noso centro e licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, está a escribir na actualidade a súa Tese de doutoramento ("O debate sobre a identidade feminina na obra de Rosalía de Castro e na literatura galega reinacente") baixo a dirección da doutora María Pilar García Negro, antiga profesora tamén do noso centro. 

O acto foi precedido da lectura de diversas poesías de Rosalía representativas da súa concepción do mundo e da súa visión do papel da muller. 

Unha vez finalizado o acto, Diego concedeunos unha entrevista a "Graos de Corvo"

P.- Como comezou a escribir o libro? Como se lle ocorreu escribir este libro?

R.- A figura de Rosalía de Castro chamoume sempre moito a atención  por todo isto que comentamos hoxe, porque é unha muller moi botada para adiante, moi pouco convencional, moi diferente de todas as mulleres da súa época e na Universidade, como sabedes estudei Filoloxía Galega, hai un curso exclusivamente dedicado á literatura galega do século XIX , a Rosalía, a Curros, a Pondal, e aí unha profesora que tamén foi docente neste centro, Mª Pilar Garía Negro, digamos que me despertou o gosto por esta escritora, polos seus poemas, pola súa iteratura en xeral.

En realidade o libro forma parte dun traballo de investigación dos meus estudos de doutoramento que é necesario para acadar un título que se chama Diploma de Estudos avanzados e unha vez presentado ese traballo diante dun tribunal obtivo moi boa cualifiación e por tanto decidinme a facer algunhas mudanzas, facelo máis didáctico en certo sentido e dalo ao prelo, E tiven a fortuna de que a editorial Laiovento, que é unha das máis importantes de Galicia tivesa a ben publicalo. Por tanto nace de aí

  P.- Despois de todo este estudo en defensa da muller  que opina de que no XXI haxa tanta violencia de xénero?

 R.- Na realidade a pregunta  que me fas, moi interesante, o que pon en valor é que os textos de Rosalía de Casto son aínda aplicables a hoxe en día. No poema “Xan” que vos coñecedes ben, o que se critica, a crítica social que realiza Rosalía de Castro, é perfectamente aplicabel a hoxe en día

Como é lóxico posiciónome totalmente en contra da violencia machista, da violencia contra a muller e podemos utlizar os textos de Rosalia de Castro para poder loitar ainda hoxe en día, no século XXI, contra esa lacra da sociedade

 P.- Como cre vostede que sería Rosalía na nosa época?

R.- Tamén é unha moi  intelixente pregunta. Penso que se Rosalía de Castro tivera nacido nesta altura, se fose nosa coetánea, tería aproveitado moitisimo por exemplo o feito de poder acceder a unha edudacion universitaria, tería accedido a estudos musicais, tería acudido ao conservatorio con toda probabilidade e sería unha muller, mesmo hoxe en día, revolucionaria, mesmo hoxe en día iría contra a corrente maioritaria, contra o pensamento único.

Sería radical no sentido etimolóxico do termo, que significa cortar de raíz exactamente igual que no século XIX, coa diferenza de que o faría de maneira directa mentras que no século XIX tiña certo sentido facer esas reivindicacións dunha forma velada, que non chamase demasiado a atención en moitos casos. Sería unha muller radical pero a cara descuberta

P.- Por que cre que Rosalía destaca fronte a outras mulleres tamén loitadoras?

R.- Para mín destaca fronte a outras mulleres que tamén tiveron un papel salientábel na historia, como por exemplo Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal que tamén son mulleres galegas, por unha razón fundamental: porque ela vaise comprometer coas clases populares e ademais vaise compormeter co galego, e ningunha outra muller no século XIX estableceu un compromiso desas dimensións cos mais pobres que mesmo falaban unha lingua que nin era considerada como tal, que era considerada como unha fala bárbara, como un dialecto, como algo dunha xente burda,... Pois ela vai ter a valentía no século XIX de comprometerse con esas persoas, algo que outras mulleres intelectuais non tiveron o valor, non foron quen, ou non quixeron facer.

P.- Estando no instituto algún profesor inculcoulle o interese por Rosalía?

Sí, dende logo que o profesorado da sección de Lingua e Literatura galega, non me atrevería a citar nomes porque non quixera deixar ningún fora, mais especialmente Telma, digo Telma porque foi a profesora que cando eu estudei era a profesora que impartia en 3º de BUP literatura galega. Mais tamén Inma, mais tamén a profesora Doallo. Polo tanto sí é certo que aproveitei esas aulas e foron moi importantes para min, como un primeiro contacto coas obras de todos estes autores. E o entusiasmo que esas profesoras transmitirían nas súas aulas. Estou moi agradecido tamén aos vosos profesores e profesoras.

P.- No século XXI nos mesmos postos de traballo os homes gañan moito máis que a mulleres. Por que cres que sucede isto?  

Pois efectivamente, na pregunta que vostede me formula está a resposta. É a demostración factibel e palpabel de que aínda segue a pervivir unha situación de subordinación da muller. Se a igualdade fose plena, os soldos polo mesmo traballo no home e na muller serían os mesmos. Na realidade é unha proba, unha das moitas probas da pervivencia da obra de Rosalía.

P.- Axudoulle ou inspiroulle alguén cando escribiu o libro?

Sí, na realidade, as axudas nunca se pode desvotarse. Sempre  hai persoas con experiencias acumuladas, que levan moito tempo facendo lecturas,  persoas ás que recorremos. No meu caso foi fundamental a figura da profesora Mª Pilar García Negro que foi a que escribiu o prólogo e por tanto actuou de guía, sempre axudando, revisando, suxerindo, abrindo novas vías de interpretación … Nunca desboto a axuda de persoas con mais bagaxe cultural, con máis formación.

P- Tés pensado algún proxecto?

Como sabedes, estou a escribir a miña tese de doutoramento que versa tamén sobre Rosalía de Castro dunha forma máis ampla e estame interesando moito a figura de Ovidio Murguía,o fillo de Rosalía que foi pintor . Se cadra no futuro traballo nesta “xeneración doente”, mais primeiro estoume a centrar na tese. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visitantes:322
Puntuación: (3 avaliadores)
Data de creación:03/02/10
Derradeiro troco:03/02/10
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 Graos de Corvo ~ IES "A Sardiñeira" Conmutar ó nivel de Biblioteca