Graos de Corvo ~ IES "A Sardiñeira"

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 4 (0 sesión iniciada)




Os programas informáticos proporcionados pola Xunta impiden o uso do galego na administración de xustiza.

O novo programa informático proporcionado polo Goberno Galego de Núñez Feijóo, denominado "Minerva", e que está en funcionamento dende o 4 de maio do 2010, impide o uso da lingua galega en calquera procedemento da administración de xustiza. Isto, en parte, explica que os actos xurídicos se reduciran á metade entre 2009 e 2010, e que deixaran de realizarse xuizos rápidos en lingua galega.

Os datos publicados indican que no 2009 houbo 57.011 actos xurídicos en galego, mentres que no 2010 reducíronse case á metade (30.334). Tamén que mentres no 2009 houbo 70 xuizos rápidos en lingua galega, dende o 4 de maio do 2010, co novo programa informático da Xunta xa en vigor, non existiu ningún.

Como consecuencia, en Galicia, pese a ser o galego unha das dúas linguas cooficiais, as persoas que desexan usalo son tratados dun xeito deficiente, irregular e, sobre todo, inxusto, sendo obxecto dunha forte discriminación; iso sí, en nome da liberdade lingüística. Faltaría máis!.

Contra estas actuacións gubernamentais, pouco poden facer organizacións como a "Irmandade Xurídica Galega" fundada no 2008 co obxectivo de impulsar o uso da lingua galega en todos os órganos xurisdicionais. 

Visitantes:163
Puntuación: (0 avaliadores)
Data de creación:01/23/11
Derradeiro troco:01/23/11
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 Graos de Corvo ~ IES "A Sardiñeira" Conmutar ó nivel de Biblioteca