|
O premio concédese a aquelas persoas ou entidades que se distinguiron pola defensa e promoción da cultura de Galiza
|
|

A Asociación cultural ribeirense "Altofalante" acaba de conceder o premio deste ano á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha entidade que agrupa a profesorado e Equipos de Normalización Lingüística que desenvolven a súa actividade nos centros de ensino do país, e que traballa para lograr que o alumnado saia da escolarización obrigatoria sendo competentes na lingua galega.
A xunta directiva destacou como méritos á hora de conceder o premio, "o papel da CGENDL na coordinación das actuacións nos centros de ensino no ámbito da normalización lingüística; a súa capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino tanto público como privado e privado-concertado, e de todos os niveis educativos; a súa defensa activa e argumentada dunha maior presenza da lingua galega no sistema educativo, e a organización de campañas de sensibilización de grande éxito de proxección pública, como foi o caso de "Orgullosos do noso. Orgullosos do Galego""
O premio entregarase o vindeiro sábado 20 de novembro ás 20:00 horas no Conservatorio Municipal de Ribeira. Aproveitarase o acto para nomear á CGENDL "socio de honra" da devandita Asociación Altofalante.
Felicitámonos e alegrámonos polo que nos toca!
|
|
11/15/10 - Equipo de Normalización e Dinamización L
|