|
CARTAFOL DE DEBUXOS
Neste apartado de graos de corvo volcaremos unha escolma dos debuxos que vos apeteza amosar ao resto da comunidade do instituto. Facede chegar os vosos traballos a calquera membro do comité de redacción da revista web.
Tan só solicitamos que os debuxos sexan teus e orixinais. A creatividade tamén é túa; a técnica escóllela tí. Se queres podes acompañar a túa obra dalgún texto.
A dí de hoxe temos no noso cartafol web debuxos de Verónica Gómez (2º Bacharelato), Eva Ouréns e Carlota Carnota (4º E.S.O.), Johan Sebastian Flórez e Juan Platas (3º E.S.O.).
Adxuntamos texto de Verónica sobre os seus debuxos:
SOBRE OS DEBUXOS
Créditos e información
Debuxos orixinais:
Areena: A vampiresa Areena foi un deseño que fixen para xustifica-la historia doutro vampiro orixinal meu, Èverett. É a raíña do clan de vampiros que habita nun bosque que acorrala a una poboación humana contra o mar, e como tal, é bastante antiga e ten moito poder. Este debuxo comezou sendo un simple boceto do corpo para practicar as proporcións, un tema que me comezou a interesar este verán. Polo mesmo decidín deixalo espido,pero engadín as botas e un pouco de color porque lle daba un efecto bastante interesante. O que máis impresiona dela é o seu cabelo e a cor morada que usa sempre nas súas vestimentas.
Isabel e Anabel: Estas dúas irmás son o deseño representativo das comunidades Castela a Mancha (Anabel, a máis alonxada) e Castela e León (Isabel, a que está máis preto). A personificación das Comunidades españolas (e tamén das provincias) é una idea que tivemos unas amigas da rede e máis eu e que nos axuda a interesarnos un pouco pola Historia.
Xoana (From C. w/love): Xoana é a version femenina de Xoán Queixas, o personaxe que representa á Coruña. Para a súa versión femenina pensei nunha rapaza “explosiva”, á súa maneira, cunha mirada e un sorriso de muller forte e dominante. Asimesmo, tamén quería que os seus ollos mostraran a intelixencia que esconde tras esa apariencia de muller que só se preocupa polo seu físico. As críticas foron especialmente boas co seu pelo, que é una mixtura entre despeinado e un intento de peinarse que non funcionou. O fondo representa, por un lado, a liña azul da bandeira galega e os trazos en amarelo da flor do toxo, a chorima. Á dereita, hay una das vieiras
que se atopan no escudo da Coruña.
Rosa galega: O título en si é un xogo de palabras. Por un lado, Rosa, xa que é o nome da muller (Rosalía). Polo outro, Rosalía representa á Comunidade Autónoma galega. O seu nome completo é Rosalía Enríquez Pondal, un nome que, polo que se pode ver, funciona ademáis como tributo a Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. O que suxeita é una chorima, a flor típica galega.
I support my own art: Este debuxo, ou esta firma, fíxeno a partir dun debujo de min mesma co traxe que levei a unha boda. Foi o primeiro fondo que tratei de facer e gustoume cómo quedou o resultado, así que fixen del una firma.
Takeshi: Este personaxe non ten moita historia, fíxeno porque estaba aburrida na aldea e me apetecía debuxar. O que máis me gusta del é a forma que tiven para sombrea-las enrugas do seu pantalón e da súa camiseta.
Alex Thompson (I get up…): É un personaxe dunha idea que tiven fai xa un tempo. É moi calado e está sempre pensativo, e gustoume a idea de reflexalo nun debuxo en negro; sen embargo, a principal razón de que o fixera foron, como en Areena, as ganas de practicar un pouco a anatomía.
Request (Wanna p. w. me?): Non ten nome. Foi unha petición que me fixo unha persoa no meu blog de debuxo xa que me ofrecín a facer “requests” ou peticións a quen quixera una. Ela pediume un chico que fora mono e este é o resultado. Deixeino en boceto e o tempo que me tomou facelo deberon ser uns dez minutos (nótase).
Risa: Xurdiu no medio do debuxo. En realidade xa nin me lembro do que quería facer, só sei que acabou convertíndose noutro orixinal. Debuxei a katana despois de varios intentos inútiles de facer una pistola. Como curiosidade, este é o terceiro debuxo que fago pintando uns labios (os outros dos son Xoana e Areena), e creo que a sensación que deixa é boa. Respecto ó seu extraño ollo… non ten ningún tipo de xustificación.
Debuxos de mangas existentes, o arte das fans (Fanart). Créditos.
DenmarkPoland: O deseño de personaxes pertence a Hidekaz Himaruya (Axis Powers Hetalia). Asimesmo, a postura está collida doutro fanart; eu cambiei as personaxes, o perfil e a roupa
Polonia – Pinkponey: O deseño de personaxe pertence a Hidekaz Himaruya (Axis Powers Hetalia). A culpa de tanto rosa é toda miña
BG Konoyaroo: O deseño de personaxe pertence a Hidekaz Himaruya (Axis Powers Hetalia). (Buon giorno, konoyaroo = Bos días, estúpido)
Fanmix TO TEH EXTREME: Os deseños pertencen a Hidekaz Himaruya (Axis Powers Hetalia), Akira Amano (Katekyô Hitman Reborn!), Asa Higuchi (Oofuri, ou Ookiku Furikabutte), Katsura Hoshino (D.Gray Man) e Yamaha Corporation (VOCALOID II Kagamine Len)
20YL Reborn: O deseño pertence a Akira Amano (Katekyô Hitman Reborn!)
Miku Photoshopeada: O deseño pertence a Yamaha Corporation (VOCALOID I Hatsune Miku)
Mariya-sama: O deseño pertence a Minari Endô (Maria+Holic)
|