|
EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍA - SIMON NORFOLK
O pasado día 21 de xaneiro deste ano 2009 o alumnado de 2º Bacharelato do noso Instituto fumos de visita ao MACUF ( Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa ).
Xa dentro do museo a guía do MACUF asignada para a nosa visita falounos de Simon Norfolk, un fotógrafo que ata mediados da década dos 90 foi reporteiro de guerra; mais a finais da mesma década virou o seu traballo periodístico enfocándoo desde un punto de vista máis artístico e tamén máis reivindicativo.
A intención das súas fotografías – na súa maioría retratan paisaxes desoladas pola crueldade da guerra – é a de transmitir dun xeito sutil e dende outro punto de vista diferente ao clásico do reporteiro de guerra, o que representa un conflicto bélico.
Norfolk non busca retratar a actividade bélica, senón as paisaxes consecuencia de conflictos bélicos tantas veces devastadores. As súas fotografías, non sendo desagradables son absolutamente impactantes e dramáticas. Son obras que nos levan a interpretacións máis aló do capturado polo obxectivo da cámara.
Cando rematamos o percorrido da exposición as guías do museo leváronnos á aula didáctica e propuxéronnos unha actividade. Visionamos uns fragmentos das dúas versións da película “El cartero siempre llama dos veces”, unha rodada no ano 1948 e outra a mediados dos anos 80. A intención das guías era que fóramos quen de percibir a evolución do cine na derradeira metade do século pasado. Despois, para sorpresa nosa, convidáronnos a elabourar nós mesmos unha curtametraxe baseada nunha montaxe que fixeron cunha foto do noso centro; na fotomontaxe o Instituto semellaba estar inmerso nun conflicto bélico nos barrios periféricos de Kabul, e nós tiñamos que interpretar o que esa imaxe nos transmitía mentra gravábamos cunha cámara. O resultado das nosas curtas non foi moi profesional, tampouco era a intención da actividade proposta; sen dúbida a experiencia foi moi interesante.
Juan J. Gómez Franco – 2º Bach.

Irak. O Ministerio de Planificación. Bagdag 19-27 de Abril de 2003.
Fotografía. Tiraxe cromoxénico C-Type montado sobre aluminio. 103x127 cm. 2003

Afganistán. Cine ao ar libre, con moreas de impactos de bala, no Pazo da Cultura do barrio de Karte Char, en Kabul.
Fotografía. Tiraxe cromoxénico C-Type montado sobre aluminio. 103x127 cm. 2001-2002

Alemania. Austwichz: Escaleira nun bloque de prisións.
Da serie For Most Of It I Have No Words: Genocide Landscape, Memory.
Fotografía. Clorobromuro de prata virado ao ouro. 35,5x35,5. 1998

Afganistán. Producción de ladrillos en Hussain Khil, ao leste de Kabul. Por mor das intensas operacións de reconstrucción de Kabul, a demanda de ladrillos é constante.
Fotografía. Tiraxe cromoxénico C-Type montado sobre aluminio. 103x127 cm. 2001-2002

Bosnia.Estadio de fútbol Bratunac.
Varios centos de homes e rapaces capturados foron retidos en varios lugares arredor de Bratunac, a maioría no estadio de fútbol cercado por un valado. Fálase de que neste lugar estiveron uns 700 prisioneiros.
Un equipo do ACNUR, aloxado nun hotel cercano, relatou ter escoitado disparos de armas que proviñan do estadio durante toda a noite.
Fotografía. Tiraxe cromoxénico C-Type montado en aluminio. 103x127 cm. - 2005

Irak. A Porta Norte de Bagdag, escenario de encarnizados combates. Bagdag 19-27 de Abril de 2003.
Fotografía. Tiraxe cromoxénico C-Type montado sobre aluminio. 103-127 cm. 2003
Nacido en Nixeria en 1963, Simon Norfolk estudou Filosofía e Socioloxía nas universidades de Oxford e Bristol. Despois de realizar estudios de fotografía documental en Newport, Gales do Sur, traballou para varias publicacións de extrema esquerda ata 1994.
É aproximadamente partir deste momento cando abandona o fotoperiodismo e comeza a centrar o seu interese na fotografía da paisaxe.
Actualmente reside en Londres.
Mais información
|