|
O CEIP "Concepción Arenal" é de titularidade pública, dependendo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O seu mantemento corre a cargo do Concello de A Coruña.
Enderezo: Rúa Marqués de Amboage. nº 2, 15006, A Coruña. Telf: 981 231 701 - Fax: 981 153 142 E-mail: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es Revista electrónica:http:/ejournal.eduprojects.net/CEIPconcepcionarenal/ Horario escolar: de luns a venres, de 9,00 a 14,00 h.
O Colexio ofrece os seguintes tramos educativos:
-Educación Infantil (de 3 a 6 anos)
Ademais das ensinanzas establecidas pola lexislación vixente para esta eta- pa educativa, os alumnos reciben clases de: -- Música, Psicomotricidade ( 3 anos) -- Música, Psicomotricidade e Inglés ( 4 e 5 anos )
-Educación Primaria (de 6 a 12 anos) Tódolos alumnos do Centro (Infantil e Primaria) asisten á aula de Informática onde traballan, nos ordenadores, as distintas materias.
Outros servizos:
-Comedor Escolar, xestionado pola APA, con servicio de cátering, en horario de 14,00 a 16, 00 h.(*). -Actividades Extraescolares, para tódalas idades, en horario de 16,00 a 18,00 horas. -O colexio é un centro de escolarización preferente para alumnado disminuí- do motórico.
As Infraestructuras coas que conta son as seguintes:
-Pavillón Polideportivo (compartido co IES Fernando Wirtz) -Patios. -Aula Municipal de Informática. -Aula de Informática da Xunta. -Ascensor e rampas (acceso para minusválidos).
(*)Características do comedor: -Servizo de comida, en horario de 14 a 16 horas. -Sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida. -Comida de "cátering" tipo caseiro, con posibilidade de dietas con prescri- ción médica. Persoal: monitores especializados, camareiros... Prezo: matrícula de 9€ a 85,60€ ó mes(posibilidade de días ou semanas soltas) Inscrición: na APA do centro.
|