|
|
|
O CASTELO
Hai moitos anos, nun castelo vello, grande e moi alto, vivían un rei, unha raíña e unha princesa. No xardín do castelo tiñan unha pequena árbore. Á princesa encantábanlle as laranxas. Entón a árbore era unha laranxeira. Un día a princesa ía camiñando polo prado cando viu un rabaño de ovellas cun pastor. A princesa seguiu camiñando, pero tropezou, e o pastor axudoulle. E ela invitouno ao castelo a comer turrón. Chegou o inverno e construíron un boneco de neve e cada día, dende entón, aparecía unha estrela amarela, brillante e cunha luz pequena que se perdía pola noite e adornaba o ceo.
Vicky Montes de Oca Perín (3º B)
|
|
01/12/09 - Angel López
|