|
|
|
O MELLOR NADAL
Había unha vez un pastor que tiña tres fillos. Os fillos tiñan nove, cinco e tres anos. Un día cando o pastor volveu do traballo, encontrouse cun precioso boneco de neve. Pasou e deulles aos fillos o turrón que lles comprara. Os fillos ensináronlle a árbore que adornaran. Tiña bólas de todas as cores e na punta tiña unha preciosa estrela. Ao pastor encantoulle e díxolles: - ¡Encántame, nenos! E pasaron un feliz Nadal.
Ana Montenegro Rapela (3º B)
|
|
01/12/09 - Angel López
|