CEIP Concepción Arenal  -  A Coruña

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 2 (0 sesión iniciada)




DÍA  DO  PEÓN  2007
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.




    DÍA  DO  PEÓN  2007
O vindeiro 9 de novembro é a data elixida para a celebración da 3ª edición do Día do Peón.
A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño,
peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituíndo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou
Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
Tamén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana… este xogo está feito en madeira torneada; con un
cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho).
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado,
impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, fainos reflexionar sobre as potencialidades
deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo
universal. Brinquedia, rede galega do xogo tradicional, convoca esta xornada por terceiro ano consecutivo, e
seguindo coa liña de traballo habitual, co obxectivo de promover e potenciar a práctica do xogo tradicional, ademais
da nosa fraseoloxía e do patrimonio inmaterial. Vai dirixida nomeadamentea
3 sectores da sociedade:
Centros de Ensino
Concellos
Asociacións
VENRES 9 DE NOVEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ é o momento elixido para bailar os milleiros de peóns
conxuntamente en todo o país.
Porén, o obxectivo desta convocatoria vai máis aló do propio día, polo que se propoñen diversas actividades a
realizar a partir de agora en cada lugar. Entre outras prantexamos:
Por aula:
- Procuraremos conseguir un peón para cada persoa. Poderase tamén construír un peón con
distintos materiais: plastilina, barro, botóns, froitos do outono –noces, castañas, abelás- etc.
- Decoraremos cadaquén o seu peón.
- Podemos deseñar un cartaz alusivo ao Día do Peón 2007.
- Podemos inventar unha historia onde o Peón sexa un dos protagonistas.
Conxuntamente:
- Faremos unha exposicións cos distintos tipos de peóns.
- Axudaremos a que se aprenda a bailar o peón.
- Realizaremos exhibicións de bailes do peón.
- Publicitaremos as actividades. edu.xunta.es
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Visitantes:1461
Puntuación: (6 avaliadores)
Data de creación:11/20/07
Derradeiro troco:11/21/07
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 CEIP Concepción Arenal  -  A Coruña Conmutar ó nivel de Biblioteca