CEIP Concepción Arenal  -  A Coruña

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 2 (0 sesión iniciada)




PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS                                  (Curso 2007-2008)

  A admisión do alumnado neste Centro para o curso  2007-2008 axustarase á lexislación e proceso que se indican:


1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

       • Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG 16/03/2007)
       • Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG 19/03/2007)



2.- OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

Cursos de Educación Infantil

Cuarto (3 anos)…… 44  (6)(*)
Quinto (4 anos)…… 13
Sexto  (5 anos)……   3  


Cursos de Educación Primaria

Primeiro……      0  (4)(*)
Segundo……     3
Terceiro…..     11
Cuarto………    15
Quinto………    14
Sexto………..   12
 
(*) Prazas reservadas de tres postos por unidade para posible escolarización pola Comisión de Escolarización de alumnado con necesidade de apoio educativo.



3.- ÁREA DE INFLUENCIA  E  IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

    A  área  de  influencia do Centro  ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade  do domicilio é o que figura no  plano  exposto ao lado  do  presente  escrito.  Aos  efectos de  continuidade dos estudos de  educación  secundaria  obrigatoria, o  Centro  está  adscrito  ao  Instituto de Educación Secundaria Fernando Wirtz Suárez.



4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

    As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial ( a recoller en Conserxería), deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio desde o día  10  ao  30 de abril,  ambos os dous inclusive,  debendo ir acompañadas, para o alumnado que se matricule por primeira vez, da fotocopia do libro de familia onde estea adscrito a nena ou o neno.



5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

   Naqueles cursos nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares,  os pais, nais ou  titores  legais do alumnado afectado  presentarán no Colexio, no prazo do 2 ao 18 de maio, ambos os dous inclusive, a documentación  xustificativa dos méritos por eles  alegados para a aplicación dos criterios de admisión do alumnado, xunto cunha fotocopia do Anexo II presen tado anteriormente.
   A presentación dos xustificantes  dos criterios de baremación ten carácter voluntario.  A  non presentación  dalgún  deles  suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.



6.- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

 *  Do 20 ao 31 de maio: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A  listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco día hábiles.

 *  Dentro dos 10 días seguintes ao da publicación da resolución provisional, unha  vez resoltas as posibles  reclamacións  presentadas,  farase pública a resolución definitiva de alumna do admitido e non admitido.  Contra esta resolución poderase presentar  recurso de alzada ante a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.



7.-  PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

   Os alumnos admitidos no Centro formalizarán  a súa inscrición na Secretaría do 20 ao 30 de xuño.  Se, finalizado o prazo de matrícula, non  se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.



8.-  SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

   O Colexio ofrece os seguintes servizos:

    COMEDOR ESCOLAR, organizado e xestionado pola Federación de ANPAS dos Colexios Públicos de A Coruña, a cal pertence a ANPA do noso Centro.

    Lexislación aplicable:
       • Decreto  10/2007,  do  25  de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos  comedores escolares nos centros docentes públicos  non  universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 06/02/07).
       • Orde do  21  de  febreiro de 2007 pola  que  se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo do  comedor escolar nos centros docentes públicos  non  universitarios  dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 05/03/07).


     ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES,  xestionadas pola ANPA, para todas as idades e en horario de 16,00 a 18,00 horas, de luns a venres.



¡ OBSERVACIÓN IMPORTANTE !

   Cada solicitante deberá presentar unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. Esta instancia será entregada no centro que solicita en primeiro lugar. No caso de que o solicitante presente máis dunha solicitude, non se terá en conta ningunha delas, procedéndose á súa escolarización ao final do proceso.  Do  mesmo xeito  se procederá coas solicitudes entregadas fóra de prazo.

A Coruña, 10 de abril de 2007          

        A Directora,
                     
  Mª Dolores Fontenla González
Visitantes:1626
Puntuación: (8 avaliadores)
Data de creación:03/25/07
Derradeiro troco:04/18/07
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 CEIP Concepción Arenal  -  A Coruña Conmutar ó nivel de Biblioteca