A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo

Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 2 (0 sesión iniciada)




PRESENTACIÓN DA REVISTA DIXITAL DO CEIP VALLE INCLAN DE PERILLO

Presentamos hoxe , día 27 de Abril, o traballo de creación , elaboración e redacción dunha revista. Unha revista dixital na que pretendemos teña cabida a riqueza da vida académica deste Centro.


Precisamos que os rapaces e os non tan rapaces estean preparados para adquirir os coñecementos que os han levar a enfrentarse a todos os retos que lles vai plantexar a sociedade na que van a formarse e traballar: necesitan destrezas, precisan autonomía, precisan “aprender a ser”.


Di Manolo Rivas: “Que do maestro agárdase ás veces demasiado , pero…que sorte que agarden de un algo!” Pois ben, ao fío destas palabras, un grupo de mestres do CEIP Valle Inclán crean un Grupo de Traballo. Son conscientes de que para atender ás necesidades educativas dos alumnos que pasan polas nosas mans, é necesario estar dispostos a propiciar un intercambio de experiencias con outros mestres e fomentar os traballos en equipo. Estas son as bases firmes dunha laboura educativa: "querer ser para poder estar", coa fin de chegar a un compromiso de formación de todos os docentes en continua renovación , e de ofrecer á sociedade e aos membros que a van formar, os discentes, o que ela nos esixe.

Pedimos a todos os membros do Centro a colaboración facéndonos partícipes das súas ideas, dos seus proxectos e das súas inquedanzas.E se aos rapaces lle pedimos que saiban compartir, non será menos con nós. Compartamos vivencias, traballos das aulas, formación. Enriquezamos o noso traballo xuntos. Esta vai ser a imaxe do noso quefacer nas aulas.

Estamos inmersos, todos: pais, alumnos, mestres, administración,…, nun mundo no que as novas tecnoloxías son parte da vida cotiá. Pois, adiante con elas!. Temos xa unha revista dixital na que o Grupo de Traballo vai ser, dende xa mesmo, o fío conductor de entrada para que vós, compañeiros, vaiades elaborado e "colgando" os vosos artigos e, hoxe, somos cinco membros con moita ilusión, mañá queremos ser...todos.Os cinco compañeiros tan ousados son os da foto nunha das súas reunións de traballo, que como vedes, pásano ben, aínda traballando.

TODO É QUERER POÑERSE!!!!!
Se o encabezamento era un pouco teórico, agora imos aló co meramente práctico e dinámico. Isto é doado, só tedes que ter "gañas" de sacalo adiante. De seguro que en todas as aulas temos traballos que ao velos dicimos: "Vaia magoa, agora toca recollelo ou tiralo, xa rematou a actividade e malo será que o vindeiro curso non xurdan novas ideas". E facédelo, bueno, facémolo. Rematouse a mágoa. Temos a oportunidade de que todo aquilo que queiramos amosar se colgue na nosa revista, porque é nosa, do cole. E nas familias tamén hai moitos acontecementos que poden ter interese:esa viaxe a un sitio especial, o nacemento duns gatiños, unha película que gustou, unha reflexión sobre temas que afecten á nosa vida... . Queredes publicar? É sinxelo. Só necesitamos un anaquiño de tempo, curtiño, para compartir as nosas cousas,as dos nosos rapaces, en xeral, como dicíamos antes, as da riqueza do CEIP Valle-Inclán. Somos 5 mestres os que quixemos botar a andar, pero precisamos de todos para seguir. Nós poñemos á vosa disposición o que aprendimos (o moito e mailo pouco) para que agora, sigades vós tamén. Podemos poñer artigos, traballos, videos, fotos e todo aquilo que consideredes debe estar ao público. Así que, cando queirades, estamos agardando. Podedes facelo a través da conta de gmail. O enderezo é: ceipvalleinclan@gmail.com.
Despedida Despedida
08/22/12, Ana Infante Vaamonde
AGRADECEMENTOS AGRADECEMENTOS
06/07/12, Ana Infante Vaamonde
POEMAS GAÑADORES DE 5º E 6º DE PRIMARIA POEMAS GAÑADORES DE 5º E 6º DE PRIMARIA
06/06/12, Ana Infante Vaamonde
POEMAS GAÑADORES DO 2º CICLO DE PRIMARIA POEMAS GAÑADORES DO 2º CICLO DE PRIMARIA
06/06/12, Ana Infante Vaamonde
POEMAS DO 1º CICLO DE PRIMARIA POEMAS DO 1º CICLO DE PRIMARIA
06/06/12, Ana Infante Vaamonde
POEMAS GAÑADORES POEMAS GAÑADORES
05/29/12, Ana Infante Vaamonde
ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES
05/28/12, Ana Infante Vaamonde
MURAIS LETRAS GALEGAS MURAIS LETRAS GALEGAS
05/28/12, Ana Infante Vaamonde
A pitiña A pitiña
05/04/12, admin
Valentín Paz Andrade Valentín Paz Andrade
05/04/12, admin
Eiquí podes avalia-la nosa revista.
Tivemos 103 avaliadores e a nosa puntuación é .
Visitantes:137554
Creado(a):01/14/09
Avaliadores:103
Puntuación:
Editores:2
Artigos publicados:85
CEIP “VALLE INCLÁN”
CENTRO DE ENSEÑANZA C.E.I.P. RAMON Mª DEL VALLE INCLAN OLEIROS
Información de contacto:
R/ Valle Inclán, s/n15172 PERILLO ( OLEIROS) Galicia, Spain
ceip.valle.inclán.oleiros@edu.xunta.es
981636754
ceip.valle.inclán.oleiros@edu.xunta.es
Páxinas Web:
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalleinclanoleiros/
Impressio eJournal © 2013 A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo Conmutar ó nivel de Biblioteca