|
Un día na vida da miña nai
A miña nai levántase ás 7 e media da mañá. Dúchase e vístese para ir ao traballo. Antes de irse, déixanos feito o almorzo. A noite anterior, déixanos preparada a roupa e as mochilas, aos meus irmáns e a min, para que cando nos levantemos, só teñamos que vestirnos.
Entra a traballar ás 9 menos cuarto. No seu traballo, a miña nai ten que atender aos clientes e darlles o que necesiten. Fai un descanso de 3 a 4 da tarde para comer, e logo volve á oficina.
Chega á casa sobre as 8 da tarde.
Ela fai moitas cousas por min, por exemplo: recólleme dos entrenamientos, lévame aos partidos de fútbol, aos aniversarios, axúdame nos estudos cando o necesito, apóiame nas decisións que tomo,...
Eu tamén intento facer todo o posible por ela, por exemplo: esfórzome nos meus estudos para que non teña que preocuparse, fago pequenas tarefas de casa para que ela teña que facer menos (como preparar a miña merenda do cole e a dos meus irmáns, poñer e recoller a mesa, deixar a miña roupa recollida, etc.) Pablo Basante Díaz 5ºA
Un día na vida da miña nai
A miña nai érguese e prepárame o almorzo, logo despertame ás oito menos dez, almorza, preparámonos e lévame ó colexio. Vaise traballar ata a unha do mediodía. Despois de rematar o traballo vaise ás súas clases de inglés e cando remata ás cinco, recólleme das actividades. Na casa,a miña irmá máis eu facemos os deberes, duchámonos e eu axudo a preparar a cea á miña nai. Despois de cear, miña nai revísame os deberes, preparo a cama e déitome. Mentras, a miña nai ponse a estudiar e déitase entre as doce e media e a unha da mañá. Miña nai é moi traballadora e é moi boa coa miña irmá e comigo. MELANIE 5ªA
UN DÍA NA VIDA DA MIÑA NAI
A miña nai despértase ás oito da mañá. Así que se desperta dúchase. Nunca lle dá tempo a cambiarse enteira e sempre almorza a medias. Cando remata, vaise secar o pelo e a seguir cambiándose. Mentres, eu lávome os dentes, a cara e póñome os zapatos e o abrigo. Ao sair da casa, miña nai mándame chamar o ascensor, ela pecha a porta e eu vou entrando neste.
Cuando chego ó colexio, ela déixame na porta e despois vaise ó traballo.
Cando chega ó traballo, vaise ó seu despacho. Alí empezan: chamadas, mensaxes, mandar facturas… Todo o día frente á pantalla do ordenador. Ás dúas vai comer a casa e chámame. Ás catro volve ó traballo. Chega a casa e eu pregúntolle Como che foi o traballo? E ela dime PE-NO-SO.
Lalita 5ºA
|