A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 1 (0 sesión iniciada)




O SOLDADIÑO DE CHUMBO
 
O venres día 2 de marzo, fomos ao auditorio de Mera a ver a obra do “Soldadiño de Chumbo”.

A historia contábaa un mimo, que quería ser contacontos. Tamén tocaba unha banda de músicos.

O soldadiño vivía na casa dun neno que tiña moitos xoguetes, entre eles había unha fermosa bailarina, nun castelo cheo de flores.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
 Un día, o neno perdeu o soldadiño, que foi a parar aos sumidoiros da cidade.
O soldadiño navegou nun barco de papel ata que un peixe o quixo zampar. E ao final zampouno.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
A nai do neno foi ao mercado, e mercou un peixe. Ao chegar a nai viu o Soldadiño de Chumbo dentro do peixe. O Soldadiño e a Bailarina reencontráronse e namoráronse.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Despois a bailarina cae na cheminea e o Soldadiño ao intentar rescatala tamén cae el. Finalmente abrazáronse e fundíronse coa calor da cheminea formando un fermoso corazón coas cores dos seus vestidos.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.

Beatriz, Sonia, Andrea e Claudia (4º B. Primaria)

Visitantes:1861
Puntuación: (12 avaliadores)
Data de creación:03/20/12
Derradeiro troco:03/21/12
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo Conmutar ó nivel de Biblioteca