A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 2 (0 sesión iniciada)




HOXE VISITOUNOS FINA CASALDERREY!!

É luns 27 de febreiro do 2012 e coñecemos á autora do libro “EU SON EU”.
É un fermoso conto que Fina escribiu a partires dunha historia real.


Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.

Ensinounos a folla de papel que enviou co conto á “fábrica de libros” para que o ilustrasen e imprimisen. Tamén puidemos interpretalo todos xuntos con ela!
Aprendemos a palabra “metáfora”. Fina di que con metáfora podemos escribir as mesmas cousas, pero máis bonitas!

Recomendounos aprender moito e documentarnos para saber escribir mellor.
Firmounos e dedicounos todos os nosos libros cun bolígrafo de ouro!

Deunos as grazas por ler os seus libros porque, grazas a elo, din que ela é unha escritora. Foi unha experiencia moi bonita!
Grazas Fina por vir ao noso colexio!

 
Elena Franco
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Amosa-la imaxe no seu tamaño orixinal.
Visitantes:281
Puntuación: (8 avaliadores)
Data de creación:03/15/12
Derradeiro troco:03/22/12
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo Conmutar ó nivel de Biblioteca