A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo

Engade un novo comentario
 
Entrar na oficiña do editor
Usuarios en liña: 1 (0 sesión iniciada)




UNHA REFLEXIÓN DE EZEQUIEL DE 6º B NO DÍA DA PAZ

 

Son Ezequiel da clase de 6º B no CEIP Valle Inclán de Perillo. Algúns de nós vimos de países onde a paz en moitas ocasións, non sabemos o que é.

Quero contarvos que na miña clase somos tres arxentinos, un colombiano, un venezolano, cinco brasileños e 14 galegos. E un día coma o de hoxe, 30 de xaneiro, asegúrovos que isto é fermoso: compartimos, convivimos e aceptámonos tal e como somos.

Baixo o noso paraugas de bandeiras do mundo, como día a canción que cantamos hai uns intres: "Dirás que son un soñador pero non quero ser o único".

Os alumnos de 6º B queremos seguir soñando cun mundo mellor e facendo realidade unha convivencia en paz para o que necesitamos que haxa liberdade, tolerancia, respecto e igualdade. SÓ CAMIÑANDO XUNTOS ACADARÉMOLO.

Visitantes:771
Puntuación: (5 avaliadores)
Data de creación:03/06/12
Derradeiro troco:03/07/12
Puntuar este artigo:
De momento ningun comentario.
Impressio eJournal © 2013 A XANELA         CEIP Valle-Inclán/Perillo Conmutar ó nivel de Biblioteca