|
|
|
O Antroido visto por...
|
O antroido visto por.... Irene, Alba e Aina (alumnas de 4ºA).
- Os nenos de infantil disfrazáronse de “Monstros S.A.”, unha película de debuxos animados. As súas mestras ían disfrazadas de nenas en pixama. O sentimento que representaban era o medo. - Despois de pasar un pouco de medo viñeron os nenos do segundo ciclo para nos facer rir. Chegou un circo cheo de pallasos!! Cremos que xa saberedes
|
que sentimento representaban... si señores é o da alegría. - Chegou o segundo ciclo e viña facendo mímica. Iamos de mimos coa cara pintada de branco e representando distintos sentimentos, ben de sorpresa, de anoxo, de amor... - Finalmente chegou o terceiro ciclo que viñan disfrazados de “Hippies” bailando unha danza e cantando unha canción. Eles representaban a paz e o amor.
|
|
|
|
O antroido visto por.... Candela (alumna de 4º A). No antroido os nenos de infantil disfrazáronse de monstros. Cantaron unha canción na pista de abaixo para asustar as súas profes que ían disfrazadas de nenas en pixama. Os de primeiro e de segundo foron dunha cousa moi graciosa, de pallasos. Estaban moi graciosos e tamén cantaron e bailaron unha canción.
|
Os de terceiro e cuarto foron moi caladiños porque se disfrazaron de mimos. Ían vestidos de branco e negro e con sombreiro e todo. Moi caladiños fixeron un baile interpretando xestos de alegría, enfado e tristeza. Por último chegaron os hippies coa súa canción versionada coa música do tema de yellow submarine, eran os nenos de quinto e sexto.
|
|
|
|
O antroido visto por.... Lucas (alumno de 4º A). O día do antroido foi fantástico. Desfilamos polo patio dos maiores (5º e 6º). Os primeiros que saíron foron os pequenos de infantil. Representaban o medo e ían disfrazados de monstros. Eran moitos e fixérono moi ben. Os seguintes foron os alumnos de 1º e 2º. Ían disfrazados de pallasos e representaban
|
a alegría e a diversión. Foron moi divertidos e nos fixeron rir un montón. Logo fomos nos, os nenos de 3º e 4º, disfrazados de mimos. Representabamos varios sentimentos; tristeza, alegría, medo, sorpresa, enfado… Por último viñeron uns hippies, os nenos de 5º e 6º. Representaban a paz e a convivencia. Ao final todos bailamos. Este foi un gran día!
|
|
|
|
|
04/16/12 - admin
|