|
A entrevista a Carlos , o conserxe
|
|
O pasado dia 22 de Decembro, día que deron comenzo as vacacións de Nadal, despediuse o conserxe do Cole. Xubilouse Carlos. E como, a pesares da idade cumprida e os moitos anos de traballo, xa nos dixo que voltaría polo cole de cando en vez para botarnos unha ollada a ver se nos portabamos ben ( e ríase cando o dixo). Dende este Seminario quixemos recoller para compartir con todos vós unhas imaxes de Carlos cos rapaces do Cole, entón ocurréusenos facer algo en colaboración con algún membro do EDL do Centro. E atopamos a Juan Carlos , o profe de 6º, que suxeriu aos alumnos a idea de elaborar unha serie de preguntas para Carlos e facerlle unha entrevista. E así se fixo: os alumnos propuxeron , os mestres acordamos e .... xa temos a entrevista a Carlos. Podedes vela no enlace do blog . As fotos da entrevista tédeles ao pé deste escrito. Agradamos que vos guste e dicímoslle a Carlos que..... agardamos a súa visita e nos conte a que dedica o seu tempo. Sorte, Carlos!!!
http://medrandocontigo.blogspot.com/
|
 |
| Como nas mellores entrevistas |
 |
| Xa temos a Carlos respostando ás preguntas |
|
 |
| O público agardando a entrada do entrevistado |
 |
| Custionario preparado, periodistas en plena faena e Carlos escoitando atentamente a pregunta |
|
 |
| O profe Juan Carlos facendo a presentación |
|
|
|
|
|
01/31/11 - Ana Infante Vaamonde
|