|
QUE VEN NOS SENTA A AMIZADE!!!
|
|
|
Este é o lema do Plan Lector do noso colexio neste curso 2008-09, que se está desenvolvendo en torno ó tema da amizade. Eliximos este tema porque nos pareceu que a amizade é un sentimento moi importante; que tod@s necesitamos ter amig@s e que tamén hai que saber sementar e protexer a amizade como unha valiosa planta que precisa de atención e coidados. E os libros están aí para axudarnos a reflexionar. Para falarnos de amizades que axudan cando a aventura leva por camiños cheos de perigos, cando se precisa compartir a preocupación ou celebrar a alegría. Nas historias que nos contan os libros aprendemos a apreciar o verdadeiro valor da amizade, a descubrir amig@s mesmo nas condicións máis adversas e incluso entre aquelas persoas que poden parecernos moi diferentes a nós mesmos. Tantos e tantos libros escritos ó longo do tempo, que veñen a demostrar a importancia que a amizade ten para os seres humanos. Na exposición da Biblioteca podedes encontrar moitos libros con este tema para todas as idades. Aquí vos deixamos algúns destes libros que, como sabedes, están á vosa disposición na nosa Biblioteca. VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
|
|
|
|
|
|
|
06/08/09 - admin
|