|
CARNAVAL, CARNAVAL ...
|
O pasado día 20 de febreiro celebramos no colexio a festa de entroido. Este ano decidimos ir disfrazados de diferentes profesións.
Por primeira vez en moito tempo, fixemos o desfile no patio do colexio (na pista inferior) e resultou todo un éxito. O día estaba magnífico. Un sol radiante e unha temperatura moi agradable facilitaron un desfile cheo de colorido onde a posta en escea dos
|
participantes superou ao do curso pasado.
Os alumnos de infantil foron de cociñeiros; os do primeiro ciclo de pescadores e peixeiros; os do segundo ciclo escenificaron un circo con paiasos, domadores, forzudos, malabaristas...; os do terceiro ciclo decidiron ir moi variados: de ladróns e policias, de cantantes de Eurovisión, de científicos, de atletas profesionais e de mecánicos.
|
|
Páxina 1/1 
|
|
04/16/09 - admin
|