|
DÍA DO PEÓN
|
|
O día 11 de novembro Brinquedia convocou a 4ª edición do Día do Peón, mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais. Os alumnos e alumnas do CEIP Valle-Inclán reuníronse, o mércores seguinte, no patio do colexio cos seus correspondentes peóns para facelos bailar todos ao mesmo tempo. Fíxose unha tirada colectiva (300 alumnas e alumnos), así como a leitura do manifesto A continuación, e dirixidos pola profesora de música, cantaron todos xuntos a canción do Peón.
|
|
|
|
" CANCIÓN DO PEÓN "
|
|
Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón. Tamén podemos, se queres, provar coa chave dalle ás aspas co peso, ponlle todoa túa atención. E non deixes de xirar e non deixes de xirar. Fago o camiño como o trompo en San Martiño. Fago o camiño e non deixo de xirar (bis). Trouxen hoxe dous paus para divertirnos lanza ao aire a billarda dalle forte co palán. Máis terdfe poderiamos marchar coas bicis temos camiño dabondo e diante todo o serán. E non deixes de xirar, e non deixes de xirar. Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)
|
Páxina 1/0 
|
|
02/26/10 - admin
|